Musica Fons Bonitatis
Un espazo para pensar, escribir e dialogar sobre educación musical, lectura e sobre a vida nun coro
martes, 19 de diciembre de 2017
Presentación Concerto de Nadal
CONCERTO DE NADAL
CORO UNIVERSITARIO DO CAMPUS DE OURENSE. SCHOLA CANTORUM
Centro Cultural Marcos Valcarcel, martes, día 19 de decembro de 2017, 20:00 h.
Organiza: ATENEO OURENSE
PRESENTACIÓN CONCERTO E PROGRAMA
Boas tardes
Antes de nada, queremos agradecer ao ATENEO esta invitación. O noso coro sempre está aberto a colaborar con tódalas entidades culturais ourensás.
Felicitarnos, tamén, pola oportunidade que se nos brinda da compartir espazo coa histórica exposición sobre os suevos. Aló, na noite dos tempos, fai centos de anos, cando a Gallaetia Romana era o “indómito far west do imperio” – como a calificou un historiador da época- floreceu unha cultura autóctona da que , entre tantas reliquias, en troques, non conservamos ningún vestixio da súa música e do seu canto. Unha mágoa!
Por fin, a nivel persoal, se mo permiten, mostrar o orgullo de actuar neste Centro Cultural que leva o nome do meu compañeiro e amigo Marcos: un home bo e xeneroso, onde os haxa.
O noso concerto estructúrase en dúas partes: 1ª, de música sacra e 2ª, de panxoliñas do Nadal. Coma adoitamos comentar: dous concertos, polo prezo dun...
Advertirlles que vai haber algúns cambios sobre o programa de man que teñen e que irei anunciando oportunamente.
o Comezamos, pois, o programa de músicas sacras con tres góspel africanos. Reflicten a súa singular e tradicional forma de entender e vivir a liturxia e a relixión.
BAWÓ TIHXO SOMANDLA: “Pai, Deus, Todopoderos, perdoa as miñas culpas”
IPHARADISI: “Un canto á esperanza de reencontrarnos todos , algún día, no Paraíso”
UKUTHULA. “Un himno de paz”
o A seguinte peza é un fermoso e pouco coñecido motete mariano do noso paisano Angel Barja: O CANDIDA VIRGO.
o As partes fixas da misa sempre inspiraron aos compositores de tódolos tempos. Da Misa LITURGICAL SUITE, do americano Butler, imos facer hoxe o AGNUS DEI.
o E rematamos esta panoplia de músicas sacras con outro motete contemporáneo: O SACRUM CONVIVIUM.
Sen descanso nin intermedio, pasamos á 2ª parte: Cantos de Nadal.
Este ano centrámonos nos vilancicos que nos veñen das Illas Británicas, berce de moitos dos más popularizados e coñecidos en todo o mundo.
o Comezamos cun clásico que, xunto co xermánico NOITE DE PAZ, constitúen os piares do acervo de cantos de nadal xa mundiais. Falo da versión latina do ADESTE FIDELES, de John Francis Wade.
o O seguinte, é tamén un fermoso vilancico tradicional británico, musicado polo xoven compositor Philip Stopford, inspirado nun canto de berce: LULLY, LULLA, LULLAY
o E rematamos este bloque con outro singular e coñecido tema: DING, DONG, MERRILY ON HIGHT. A historia deste vilancico fálanos claramente do valor da música coma linguaxe universal, sen fronteiras. Paga a pena coñecela: orixinariamente tratábase dunha danza francesa do Renacemento; un branle. Escoitouna un espabilado compositor británico e tanto lle gustou que lle puxo a letra en inglés dun vilancico engadíndolle, para reafirmar ese carácter navideño, un GLORIA en latín, no retrouso.
o Inda que nos seus programas estaban anunciados dous villancicos sudamericanos, este ano imos facer só un deles: O chileno: SAN PEDRO TROTÓ. Máis prometo que, para outro ano, prepararemos un monográfico só con villancicos latinoamericanos. Tal é a súa riqueza e variedade.
Igual que ocurría cos góspel africanos do comezo, aquí encontramos outro xeito ben singular tamén de entender o Nadal. Danzas folclóricas ( trote e carnavalito) e retazos das relixións primitivas andinas mestúranse para dar lugar a este singular vilancico.
o E chegamos ao final do noso concerto con dúas pezas do noso tamén riquísimo patrimonio musical do Nadal. A primeira, MARIÑEIRO, unha panxoliña da autoría dun dos grandes músicos da nosa Terra: Roxelio Groba. E a segunda, NADAL DE LUINTRA, un tema tradicional e popular, rescatado da memoria musical do noso pobo. Con eles, damos por concluido este entrañable concerto desexándolles a todos e todas un Feliz Nadal.
lunes, 21 de agosto de 2017
A música, arte efémera.
Contemplando o xa tradicional castelo de area na praia de Silgar, penso no carácter efémero deste tipo de manifestacións artísticas. Neste caso o peor inimigo das construccións son as gaivotas.
Hai outra arte efémera que tamén gosto de practicar: a floricultura. Nada máis fermoso e perecedeiro que unha flor natural.
E, deseguida, venme a idea de que, de tódalas artes, a máis efémera é precisamente a música.
Ao ser a arte temporal por antonomasia, está nun constante fluír. Cando soa a segunda nota, a primeira xa se extinguíu, xa se esvaeceu... e así sucesivamente.
Só a memoria auditiva nos salva deste constante fluír de sons e nos dá a posiblilidade de pensar nunha certa permanencia e durabilidade.
Tamén é verdade que tanto o sistema de notación musical coma os modernos métodos de rexistro sonoro contribúen a darlle un certo carácter de permanencia e estabilidade no tempo. Pero a auténtica música: a música en vivo e en directo non pode eludir ese carácter efémero que lle é consubstancial.
martes, 7 de diciembre de 2010
Música e lectura
Veño de ler dunha tacada "La cena" do holandés Herman Koch por indicación dos meus amigos de Trafegando Ronseis. Como lles comentei a eles no seu blog, ocurriume algo curioso tras da lectura deste libro: durante moitos días seguía "resoando" na miña cabeza cual sinfonía inacabada.
Resultoume entón inevitable establecer a comparación entre unha novela e unha sinfonía. E levo cavildo bastante sobre este asunto. Non resulta extraño encontrar paralelismos pois ámbalas dúas construccións artísticas móvennse nos parámetros temporais: desenvólvense no tempo, na sucesión de acontecemenmtos temporais. Na música este fenómeno temporal constitúe casi a súa esencia pero na novela xoga un papel decisivo tamén.
Na obra que comentamos está moi clara esta organización secuencial e temporal dos acontecementos que, curiosamente, se producen ao redor dunha cea, do tempo que dura unha cea. Incluso quedan pautados ao modo dos movementos sinfónicos polos distintos pratos: aperitivo,entrantes, primeiro, segundo, postres, dixestivo e propina.
É pois no aspecto estructural onde o paralelismo entre ámbalas dúas formas artísticas se nos aparece mais claro. Na necesidade de dotar a inxente cantidade de material con que xoga o autor (músico ou escritor) dunha estructura que permita ao lector/oínte organizarse e guiarse no medio de tal cúmulo de materiais. Personaxes, historias, acontecementos, tramas e paisaxes coma materiais novelísticos e motivos melódico-harmónicos, rítmicos e tímbricos coma elementos musicais.
A presencia dun fío conductor tanto argumental coma musical vai asegurar esa coherencia e liña de referencia para non perderse. E aí volvemos a encontrar paralelismos entre a novela e a peza sinfónica.

sábado, 27 de noviembre de 2010
Día Internacional contra a violencia machista
Tamén nós fixemos a nosa pequena aportación á conmemoración.
Neste acaso cunha referencia á película "Tierra de ángeles": a fermosa historia dun coro popular aló na Suecia profunda e ao papel que o coro xoga na solución da situación de maltrato que sofre unha das súas compoñentes.
A canción é un canto á loita pola recuperación da autoestima, tan machacada nas vítimas dos malos tratos.

domingo, 21 de noviembre de 2010
Día da música
Mañá, día 22, celébrase coma tódolos anos a festividade de Santa Cecilia: O día da música. En moitos dos coros nos que estiven era unha celebración obrigada. Ainda que inicialmente se creou a festividade cun sentido corporativo (a patrona dos músicos), pouco a pouco foi ampliandose este espíritu inicial ata transformarse na actualidade no "día da música".
Co meu coro CUCO celebrarémolo da mellor forma posible: cantando. É dicir: ensaiando.
Hoxe mandeilles unha ligazón para ir "facendo boca".
Trátase do "Bogoroditse Devo" de Sergei Rachmaninoff. Unha das Ave Marías máis fermosas e máis inspiradas. Interpretada polo coro universitario de Utah. Curioso e aleccionador que un coro americano interprete de forma tan admirabe a música rusa.
A gravación inclúe tamén outro Bogoroditse Devo do estonio Arvo Pärt

sábado, 20 de noviembre de 2010
Metáforas sobre o silencio musical
Como tantas veces, a linguaxe pódenos axudar a explicar e a entender aspectos da música dificilmente comprensibles. Un caso é o do silencio e o seu sentido musical.
Van dúas metáforas:
- O silencio é á música o que o lenzo a un cadro.
- Os silencios son as ventás da cosntrucción musical polas que entra a luz, o aire e a vida. Un edifico musical sen silenzos sería coma un bunker.

viernes, 19 de noviembre de 2010
Iniciamos esta nova etapa coa audición dun coro de cámara, xentileza da nosa compañeira do CUCO (Coro Universitario do Campus de Ourense), Maria.
Trátase dunha fermosa peza do renacemento Inglés interpretada con gusto, delicadeza e cunha excelente técnica.
Algún día pasará a formar parte do noso repertorio.
Xabimusic
Trátase dunha fermosa peza do renacemento Inglés interpretada con gusto, delicadeza e cunha excelente técnica.
Algún día pasará a formar parte do noso repertorio.
Xabimusic
Suscribirse a:
Entradas (Atom)