Un espazo para pensar, escribir e dialogar sobre educación musical, lectura e sobre a vida nun coro
lunes, 21 de agosto de 2017
A música, arte efémera.
Contemplando o xa tradicional castelo de area na praia de Silgar, penso no carácter efémero deste tipo de manifestacións artísticas. Neste caso o peor inimigo das construccións son as gaivotas.
Hai outra arte efémera que tamén gosto de practicar: a floricultura. Nada máis fermoso e perecedeiro que unha flor natural.
E, deseguida, venme a idea de que, de tódalas artes, a máis efémera é precisamente a música.
Ao ser a arte temporal por antonomasia, está nun constante fluír. Cando soa a segunda nota, a primeira xa se extinguíu, xa se esvaeceu... e así sucesivamente.
Só a memoria auditiva nos salva deste constante fluír de sons e nos dá a posiblilidade de pensar nunha certa permanencia e durabilidade.
Tamén é verdade que tanto o sistema de notación musical coma os modernos métodos de rexistro sonoro contribúen a darlle un certo carácter de permanencia e estabilidade no tempo. Pero a auténtica música: a música en vivo e en directo non pode eludir ese carácter efémero que lle é consubstancial.
martes, 7 de diciembre de 2010
Música e lectura
Veño de ler dunha tacada "La cena" do holandés Herman Koch por indicación dos meus amigos de Trafegando Ronseis. Como lles comentei a eles no seu blog, ocurriume algo curioso tras da lectura deste libro: durante moitos días seguía "resoando" na miña cabeza cual sinfonía inacabada.
Resultoume entón inevitable establecer a comparación entre unha novela e unha sinfonía. E levo cavildo bastante sobre este asunto. Non resulta extraño encontrar paralelismos pois ámbalas dúas construccións artísticas móvennse nos parámetros temporais: desenvólvense no tempo, na sucesión de acontecemenmtos temporais. Na música este fenómeno temporal constitúe casi a súa esencia pero na novela xoga un papel decisivo tamén.
Na obra que comentamos está moi clara esta organización secuencial e temporal dos acontecementos que, curiosamente, se producen ao redor dunha cea, do tempo que dura unha cea. Incluso quedan pautados ao modo dos movementos sinfónicos polos distintos pratos: aperitivo,entrantes, primeiro, segundo, postres, dixestivo e propina.
É pois no aspecto estructural onde o paralelismo entre ámbalas dúas formas artísticas se nos aparece mais claro. Na necesidade de dotar a inxente cantidade de material con que xoga o autor (músico ou escritor) dunha estructura que permita ao lector/oínte organizarse e guiarse no medio de tal cúmulo de materiais. Personaxes, historias, acontecementos, tramas e paisaxes coma materiais novelísticos e motivos melódico-harmónicos, rítmicos e tímbricos coma elementos musicais.
A presencia dun fío conductor tanto argumental coma musical vai asegurar esa coherencia e liña de referencia para non perderse. E aí volvemos a encontrar paralelismos entre a novela e a peza sinfónica.

sábado, 27 de noviembre de 2010
Día Internacional contra a violencia machista
Tamén nós fixemos a nosa pequena aportación á conmemoración.
Neste acaso cunha referencia á película "Tierra de ángeles": a fermosa historia dun coro popular aló na Suecia profunda e ao papel que o coro xoga na solución da situación de maltrato que sofre unha das súas compoñentes.
A canción é un canto á loita pola recuperación da autoestima, tan machacada nas vítimas dos malos tratos.

domingo, 21 de noviembre de 2010
Día da música
Mañá, día 22, celébrase coma tódolos anos a festividade de Santa Cecilia: O día da música. En moitos dos coros nos que estiven era unha celebración obrigada. Ainda que inicialmente se creou a festividade cun sentido corporativo (a patrona dos músicos), pouco a pouco foi ampliandose este espíritu inicial ata transformarse na actualidade no "día da música".
Co meu coro CUCO celebrarémolo da mellor forma posible: cantando. É dicir: ensaiando.
Hoxe mandeilles unha ligazón para ir "facendo boca".
Trátase do "Bogoroditse Devo" de Sergei Rachmaninoff. Unha das Ave Marías máis fermosas e máis inspiradas. Interpretada polo coro universitario de Utah. Curioso e aleccionador que un coro americano interprete de forma tan admirabe a música rusa.
A gravación inclúe tamén outro Bogoroditse Devo do estonio Arvo Pärt

sábado, 20 de noviembre de 2010
Metáforas sobre o silencio musical
Como tantas veces, a linguaxe pódenos axudar a explicar e a entender aspectos da música dificilmente comprensibles. Un caso é o do silencio e o seu sentido musical.
Van dúas metáforas:
- O silencio é á música o que o lenzo a un cadro.
- Os silencios son as ventás da cosntrucción musical polas que entra a luz, o aire e a vida. Un edifico musical sen silenzos sería coma un bunker.

viernes, 19 de noviembre de 2010
Iniciamos esta nova etapa coa audición dun coro de cámara, xentileza da nosa compañeira do CUCO (Coro Universitario do Campus de Ourense), Maria.
Trátase dunha fermosa peza do renacemento Inglés interpretada con gusto, delicadeza e cunha excelente técnica.
Algún día pasará a formar parte do noso repertorio.
Xabimusic

sábado, 31 de mayo de 2008
Música e literatura (2)
En LUCES, EL PAÍS, día 30 de maio. O escritor Suso de Toro fai un par de comentarios literario/musicais:
1. O "STABAT MATER" é o refinamento do alarido. Do ouveo da nai ante o corpo do fillo morto. É a estetización do que vemos a cada día nas noticias do televisor (é Palestina toda.
Ás veces os escritores, coa súa intuición e uso creativo da linguaxe, axúdannos a poñer en palabras o que nós nunca seríamos capaces de expresar. Xa o dicía SUJOMLINSKI: "As palabras non poden xamais exprear completamente toda a profundidade da música, pero sen elas non se podería entrar no coñecemento dos sentimentos"

Suscribirse a:
Entradas (Atom)