sábado, 27 de noviembre de 2010

Día Internacional contra a violencia machista

Tamén nós fixemos a nosa pequena aportación á conmemoración.
Neste acaso cunha referencia á película "Tierra de ángeles": a fermosa historia dun coro popular aló na Suecia profunda e ao papel que o coro xoga na solución da situación de maltrato que sofre unha das súas compoñentes.




A canción é un canto á loita pola recuperación da autoestima, tan machacada nas vítimas dos malos tratos.

domingo, 21 de noviembre de 2010

Día da música

Mañá, día 22, celébrase coma tódolos anos a festividade de Santa Cecilia: O día da música. En moitos dos coros nos que estiven era unha celebración obrigada. Ainda que inicialmente se creou a festividade cun sentido corporativo (a patrona dos músicos), pouco a pouco foi ampliandose este espíritu inicial ata transformarse na actualidade no "día da música".

Co meu coro CUCO celebrarémolo da mellor forma posible: cantando. É dicir: ensaiando.

Hoxe mandeilles unha ligazón para ir "facendo boca".
Trátase do "Bogoroditse Devo" de Sergei Rachmaninoff. Unha das Ave Marías máis fermosas e máis inspiradas. Interpretada polo coro universitario de Utah. Curioso e aleccionador que un coro americano interprete de forma tan admirabe a música rusa.
A gravación inclúe tamén outro Bogoroditse Devo do estonio Arvo Pärt

sábado, 20 de noviembre de 2010

Metáforas sobre o silencio musical

Como tantas veces, a linguaxe pódenos axudar a explicar e a entender aspectos da música dificilmente comprensibles. Un caso é o do silencio e o seu sentido musical.

Van dúas metáforas:

- O silencio é á música o que o lenzo a un cadro.

- Os silencios son as ventás da cosntrucción musical polas que entra a luz, o aire e a vida. Un edifico musical sen silenzos sería coma un bunker.

viernes, 19 de noviembre de 2010

Iniciamos esta nova etapa coa audición dun coro de cámara, xentileza da nosa compañeira do CUCO (Coro Universitario do Campus de Ourense), Maria.

Trátase dunha fermosa peza do renacemento Inglés interpretada con gusto, delicadeza e cunha excelente técnica.

Algún día pasará a formar parte do noso repertorio.

Xabimusic