O escritor francés Pascal Quignard, que xa coñecía eu polas súas obras "La lección de música" e "Todas las mañanas del mundo", acaba de publicar en español dúas das súas últimas creacións. Nunha entrevista (El País, Babelia, 5-4-08) dí cousas como esta:
"Un buen libro, por su entonación, su ritmo, es música. Cuando se lee, se escucha"
Sempre me interesaron as conexións entre música e literatura e, nesta ocasión, nas palabras do autor francés, queda ben reflectida esa profunda relación.
Dos múltiples paralelismos existentes entre as dúas artes eu destacaría o elemento narrativo. En efecto, poderiamos ver unha obra musical como unha narración: unha canción sería como un conto e unha obra sinfónica,como unha novela. En realidade moitos dos elementos narrativos están na obra musical.
O mesmo Pascal Quignard, na súa obriña "La lección de música" dinos:"Toda la música es narración vacía, y todo lo narrativo está en el tiempo" (pax. 65).
É precisamente o caracter temporal da música o que a dota dese valor narrativo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario